A nVIDIA GeForce GTX 1080 Ti é a primeira gráfica capaz de mover VR en 4K
mércores, 1 de marzo do 2017
A gráfica nVIDIA GeForce GTX 1080 leva
dende maio marcando o teito de potencia gráfica para videoxogos e solucións de
realidade virtual, pero vén de pasarlle o relevo ao último produto de
nVIDIA, a gráfica
GeForce GTX 1080 Ti, que convértese na gráfica para xogos máis rápida do
mercado, superando un 35% á GTX 1080 grazas a que combina 3.584 núcleos nVIDIA
CUDA e conta cun frame buffer de 11
GB a 11 Gbps.
A primeira consecuencia deste incremento de potencial é que estariamos ante a
primeira gráfica capaz de mover realidade virtual en ultra alta definición
(4K), soportando tamén tecnoloxÃas como nVIDIA G-SYNC HDR e nVIDIA GameWorks,
ou sexa, que é todo un portento para o lecer electrónico, que permite gozar dos
últimos xogos a niveis de detalle inéditos, e ábrese a posibilidade aÃnda non
explotadas na realidade virtual.
O prezo de
referencia da GeForce GTX 1080 Ti serÃa de 699 dólares, e as novas gráficas
comezarÃan a chegar ao mercado a semana que vén, o que vai ter un impacto
directo no prezo da GeForce GTX 1080, que partirá agora dun prezo de 500
dólares, facendo cada vez máis asumible o gozar de xogos e experiencias de
realidade virtual cun elevado nivel de detalle e alta velocidade de refresco.
VÃdeo de presentación da nVIDIA GeForce GTX 1080 Ti