A nVIDIA Titan X de nova xeración ve a luz
venres, 22 de xullo do 2016
A
primeiros de maio nVIDIA
presentou a súa gráfica GeForce GTX 1080, que fixaba un novo teito gráfico
para os videoxogos e a realidade virtual, aÃnda que estaba claro que o seu
reinado serÃa temporal xa que, pese a ter un prezo que parte dos 599 dólares,
estabamos ante unha gráfica de consumo,
e agora xa coñecemos a gráfica que a sucederá, a nova nVIDIA Titan X,
que chegará ao mercado o 2 de agosto como a primeira gráfica de alta gama coa
tecnoloxÃa nVIDIA Pascal, que terá un prezo duns 1.200 dólares, o que pode
parecer toda unha tolerÃa para os consumidores que ven como unha
xa moi potente GeForce GTX 1060 poderá mercarse por uns 249 dólares.
O director xeral de nVIDIA, Jen-Hsun Huang, foi o
encargado de presentar esta nova gráfica, e precisamente non o fixo ante
unha chega de gamers, senón de
académicos, cientÃficos e estudantes, xa que os procesadores destas gráficas de
alto rendemento poden aproveitarse para a construción de redes neuronais e
diferentes proxectos de procesamento intensivo, que coa renovación da Titan X
poderán dobrar a súa velocidade, o que é unha magnÃfica nova para os
investigadores.
A nVIDIA Titan X chega aos 10 TFLOPS, conta con 3.584 núcleos CUDA, 12 GB de
memoria VRAM GDDR5X a 10 Gbps, interface de memoria de 384 bits, largo de banda
de 480 GB por segundo, unha velocidade de reloxo predeterminada de 1,5 GHz e un
consumo de 250 watts.
Comparando a nova gráfica coas GeForce de nova xeración temos que as supera
sobradamente, pero cun incremento de prezo que non é nada proporcional, xa que
as GTX 1060, 1070 e 1080 conseguirÃan 4,4, 6,5 e 8,9 TFLOPS a prezos de 249,
379 e 599 dólares respectivamente, mentres que a Titan X estarÃan moi próxima en
potencia á GTX 1080 pero custarÃa o dobre. Deste xeito hai moi poucas
aplicacións actuais na que a Titan X compense, pero si hai que recoñecer que é
bastante superior á GTX 1080 ao contar con 40% máis de núcleos CUDA e un 50%
máis de memoria (que tamén ten un largo de banda un 50% superior) de xeito que
a nova gráfica, pese a ter unha potencia de cálculo semellante, pode procesar
máis información simultaneamente, o que é unha diferencia substancial en
procesos moi determinados, ou sexa, que notarase especialmente en usos
profesionais e non precisamente nos videoxogos.
VÃdeo promocional da nVIDIA Titan X