A nova PS Vita inicia a súa chegada a Europa o mes que vén
xoves, 30 de xaneiro do 2014
Sony Computer Entertainment anunciou no Reino Unido que tras lanzar o
pasado 10 de outubro no Xapón a súa nova PlayStation Vita con Wi-Fi (modelo
PCH-2000) prepara o seu desembarco europeo, comezando polos británicos, que
poderán facerse con esta nova máquina a partir do 7 de febreiro a un prezo de
180 libras esterlinas (219 euros), pasando a substituÃr ao modelo actual
(PCH-1000), que seguirá á venda ata esgotar unidades.
A nova PS Vita é un 20% máis delgada, un 15% máis lixeira, conta cunha tarxeta
de memoria interna de 1 Gb (corrixindo unha importante eiva da portátil
orixinal) e mantendo a súa xenerosa pantalla LCD de 5 polgadas. Grazas ao
redeseño da consola, o novo modelo mellora a súa autonomÃa nunha hora de xogo (de
xeito que durarÃa entre 4 e 6 horas) ou dúas de vÃdeo (chegando ás 7 horas de
reprodución continua).
AÃnda que o catálogo de xogos para PS Vita continúa a ser moi limitado, o feito
de que estea incluÃda no programa PlayStation Plus e que poida empregarse en
combinación coa PlayStation 4 son argumentos que Sony confÃa que axudarán a que
esta portátil con pobres vendas teña aÃnda moito que dicir.
VÃdeo no que comparan os dous modelos existentes da PlayStation Vita