A nova Sony ZV-E1 quere converterse na cámara soñada polos creadores de contidos
mércores, 29 de marzo do 2023
Sony leva un
tempo lanzando cámaras orientadas á videobloggers, conseguindo unha grande
aceptación comercial, de aí que decidisen levar este tipo de dispositivos un
chanzo arriba e presenten hoxe a nova
ZV-E1, unha cámara con obxectivos intercambiables con montura E de Sony e
sensor de formato completo capaz de ofrecer grandes posibilidades para a
creación de contido nun formato bastante compacto.
Esta cámara ofrece os últimos avances tecnolóxicos de Alpha, unha alta sensibilidade
e novas e revolucionarias funcionalidades de vídeo baseadas en intelixencia
artificial, posicionándose como a cámara tope de gama do seu segmento.
A ZV-E1 ten un sensor retroiluminado CMOS Exmor R Full Frame de máis de 15
pasos de latitude e alta sensibilidade, motor de procesamento de imaxes BIONZ
XR, recoñecemento de enfoque automático en tempo real e seguimento en tempo
real constante baseados en intelixencia artificial, encadre automático,
gravación en 4K a 60 imaxes por segundo (actualizable a 120 imaxes por
segundo), configuración de vlog cinematográfico, estabilización óptica da imaxe
no corpo de 5 eixes e modo de estabilización activo dinámico, micrófono con
direccionalidade variable, pantalla táctil LCD de ángulo variable e
conectividade doada co smartphone, entre outras moitas prestacións, que fan que
esteamos ante un produto de grande calidade, ideal para os que queiran crear
contidos máis coidados que os que permiten os móbiles de alta gama.
A Sony ZV-E1 estará dispoñible en abril a un prezo estimado de 2.700 euros (o
corpo), o que sería un prezo máis económico da cámara grande que
pretende emular (a Sony A7s III).
Vídeo promocional da Sony ZV-E1