A nova cámara bridge de Panasonic incorpora gravación de vÃdeo 4K
xoves, 12 de xuño do 2014
Panasonic está a colocar
no mercado unha cámara dixital de tipo bridge
realmente atractiva, por sumar as últimas prestacións nun único
dispositivo, xa que esta nova integrante da familia LUMIX, a DMC-Fz1000 está
dotada cun sensor MOS de 1 polgada, alta sensibilidade e 20,1 MpÃxeles, que incluso
é capaz de gravar vÃdeo en ultra alta definición (4K). A nova cámara poderÃa
disparar ata 50 fotografÃas por segundo, ampliar o seu rango ISO ata os 25.600
(para poder disparar fotografÃas en condicións con pouca luz) e incluso
realizar capturas de 8 MpÃxeles mentres gravamos vÃdeo en 4K.
A Panasonic
LUMIX DMC-FZ1000 conta cun obxectivo Leica de 16x equivalente a unha
distancia focal de 25-400 milÃmetros, o que a converte nunha cámara válida para
numerosas situacións. Tamén conta cun estabilizador óptico de imaxe de 5 eixes
(o que contribúe a reducir o movemento durante as exposicións prolongadas), ten
unha zona de agarre de grande tamaño e boa ergonomÃa, incorpora unha pantalla
LCD de 3 polgadas e un visor OLED de 0,39 polgadas e grande definición e, para completar
as súas grandes prestacións, incluso goza de Wi-Fi N e NFC, o que facilita a
transferencia de imaxes, o control remoto e incluso a monitorización en tempo
real dende un dispositivo móbil.
- A nova cámara de Panasonic pode gravar vÃdeo 4K