A pantalla ocupa o 91,5% da frontal do Oppo R17
luns, 13 de agosto do 2018
O
vindeiro 18 de agosto vai saÃr á venda en China un dos móbiles máis interesantes
dos últimos meses, o Oppo
R17, que aÃnda que non vaia ter un grande éxito comercial, chama
poderosamente a atención por incluÃr un par de elementos que permÃtenlle
destacar: unha pestana superior (para a cámara frontal) de tamaño moi reducido e
un lector de pegadas dixitais integrado na propia pantalla. Deste xeito
conseguen que a pantalla deste smartphone ocupe o 91,5% da súa parte frontal, avanzado
nunha das tendencias dos últimos meses.
AÃnda que o Oppo R17 está equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 670,
dando a impresión de que serÃa un terminal de gama media, inclúe 8 GB de RAM e
128 GB de almacenamento interno, polo que semella querer simplemente manter o
seu prezo dentro duns rangos aceptables para un terminal que non é o buque
insignia da compañÃa.
A pantalla de 6,4 polgadas do Oppo R17 ten unha resolución de 2.280 x 1.080
pÃxeles e está protexida con Gorilla Glass 6. Tamén conta cunha cámara traseira
dual de 16 + 5 MpÃxeles, cámara frontal de 25 MpÃxeles con apertura f/2.0,
baterÃa de 3.500 mAh con carga rápida por USB-C, toma de auriculares e sistema
operativo (ColorOS 5.2) baseado en Android Oreo.
Un teléfono máis que interesante, con carcasas en cores degradas (en azul ou en
rosa) que posiblemente veremos pronto en España, xa que agora contamos con distribución
oficial deste fabricante chinés.
- O Oppo R17 chegará ás tendas en dúas cores distintas