A rapazada do Son participou nunha intensa sesión de robótica educativa

luns, 16 de agosto do 2021 S. P.

As nenas e nenos de Porto do Son tiveron o pasado 12 de agosto unha oportunidade de divulgación, formación e participación para mergullarse de cheo nas novas tecnoloxías creativas que nos acompañarán en décadas vindeiras.
Estamos a falar do obradoiro de robótica educativa do programa Ler Conta Moito (Rede de Bibliotecas Públicas Municipais de Galicia), que fixo unha parada na Casa da Cultura de San Pedro de Muro (Porto do Son). Na actividade mostrouse á rapazada como crear diferentes tipos de trebellos robóticos e manexalos a través das súas tabletas. Tamén se lles motraron as posibilidades dos kits de Lego Robotics. Foi unha actividade familiar na que tamén participaron os maiores de cada casa.
O taller Robótica Creativa, Cultura Inspiradora veu da man da Rede Bibliotecas Públicas de Galicia en colaboración co Concello do Son (ao abeiro de Ler Conta Moito).
O obradoiro foi impartido por A Nube Animación.

PUBLICIDADE