A rapazada participante no Nadal Informático de Ribeira recibiu os seus diplomas
venres, 3 de xaneiro do 2020
A Aula CeMIT de Ribeira acolleu este venres 3 de
xaneiro a entrega de diplomas aos 18 rapaces e rapazas que,
distribuídos en dous grupos, participaron nestas datas nos cursos do
Nadal Informático organizados polo Concello. A concelleira de
Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, acompañada do profesor
Manuel Bello, encargouse da entrega destes diplomas e desexou que as
clases resultasen do agrado dos asistentes.
Once dos cativos participaron na acción formativa
Iníciate na informática, dirixido a alumnado con idades
comprendidas entre os 7 e 10 anos; mentres que os outros sete fixeron
o propio en Retoca as túas fotos, destinado a estudantes de
11 a 14 anos. Ambos cursos foron totalmente gratuítos e
desenvolvéronse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro.