A semana que vén chegará a España o Echo Show 8
xoves, 20 de febreiro do 2020
Os altofalantes conectados con pantalla incorporada de Amazon
continúan a ampliar o seu catálogo, e tras estrearse en versións con
pantalla de 10 e de 5
polgadas, chegan agora cun modelo co pantalla de 8 polgadas, de xeito que
os usuarios teñen máis onde escoller en función do espazo fÃsico onde queiran
colocar o dispositivo e do orzamento dispoñible.
O Echo Show 8 sairá á venda
o 26 de febreiro a un prezo de 129,99 euros (a medio camiño entre os 89,99 e os
229,99 euros dos seus irmáns) e resulta máis atractivo para a realización de videoconferencias
que outros dispositivos Echo con pantallas máis cativas.
A pantalla tamén poden
aproveitarse para ver vÃdeos e fotografÃas, ter información adicional cando
realizamos algunha consulta (por exemplo, se preguntamos pola predición
meteorolóxica, aparte da locución correspondente tamén veremos graficamente a
resposta) e incluso poder consultar cámaras de seguridade que poidamos ter
instalado no exterior da nosa vivenda ou para, por exemplo, vixiar a un bebé
(ou a un doente).
Como o resto de produtos Echo tamén serve para controlar os dispositivos do
fogar conectado mediante ordes de voz, reproducir música de servizos en liña ou
realizar comunicacións de voz con outros dispositivos que integren Alexa.