A web da máis fea de Telecinco supera os dez millóns de visitas

mércores, 13 de xuño do 2007 Raquel Noya

O blog da protagonista da serie de ficción Yo soy Bea, que telecinco emite nas sobremesas de luns a venres, xa recibiu máis de dez millóns de visitas dende a súa creación en xullo do 2006.
Nesta web, os internautas seguidores da popular serie teñen a oportunidade de participar en foros, chatear, descargar emoticonas da caricatura de Bea con distintas expresións ou participar activamente no seu blog enviando fotografías para afiliarse no club dos feos, no que xa se recibiron 26.000 mensaxes de apoio e no que se penduraron un total de 43.200 retratos de seguidores seus afeados cunha ferramenta específica (a “Antistetic cam”) para estar á altura.
Ademais, nos tres encontros que a personaxe principal mantivo cos usuarios, esta tivo que contestar a máis de 2.500 preguntas, das cales, seguramente ningunha se referiu ó seu estado civil.

PUBLICIDADE