ADVENT anuncia o que poderÃa ser o tablet de 7 polgadas máis rápido do mercado
mércores, 6 de novembro do 2013
O fabricante británico ADVENT anunciou hoxe que vai pór á
venda o seu novo
tablet ADVENT Vega Tegra Note 7 o vindeiro dÃa 15 a un prezo de 179,99 libras
esterlinas (213,96 euros), que serÃa un dos tablets deste tamaño de maior
potencia do mercado grazas a que funciona
cun procesador nVIDIA Tegra 4 cunha gráfica GeForce de 72 núcleos e un
procesador Cortex A15 de catro núcleos (apoiados por un quinto núcleo que
funcionarÃa en solitario para tarefas básicas, incrementando asà a autonomÃa do
dispositivo).
O tablet ten entre as súas caracterÃsticas as funcionalidades nVIDIA
DirectStylus (que permite empregar lapis táctiles con grande precisión), nVIDIA
PureAudio (que ofrece unha boa calidade de son a través dos seus altofalantes
frontais estéreo); cámara traseira de 5 MpÃxeles con HDR e frontal de 2
MpÃxeles; a posibilidade de gozar de xogos exclusivos para procesadores Tegra;
e presume dunha autonomÃa de máis de 10 horas reproducindo vÃdeo de alta
definición.
AÃnda que parece que estamos ante un tablet de prestacións notables, cómpre
destacar que este dispositivo con Android 4.2.2 e 16 Gb de almacenamento
interno non destaca especialmente pola súa cantidade de RAM (1 Gb) nin pola súa
resolución de pantalla (1.280 x 800 pÃxeles), ámbitos nos que o Nexus 7 de
Google o supera sobradamente pese a ter un prezo moi semellante (229 euros no
seu modelo con 16 Gb de capacidade de almacenamento interno).
- O novo tablet de ADVENT fai do seu procesador nVIDIA Tegra 4 o seu principal reclamo