AMD lanzará en agosto novas gráficas de gama media-baixa
venres, 29 de xullo do 2016
AÃnda que a grande
innovación nas tarxetas gráficas de AMD este verán foi a súa Radeon
Pro SSG, por integrar memoria SSD dentro da propia gráfica para conseguir
acelerar o procesado masivo de información, de cara ao mercado de consumo tamén
teñen as súas achegas, e para os usuarios gamers
que non queiran facer o elevado desembolso que supón unha potente gráfica Radeon
RX 480 (que supera os 330 euros) vai lanzar en agosto dúas novas gráficas máis
económicas: a RX 470 que sairá o 4 de agosto a un prezo que poderÃa estar no
contorno dos 149 dólares e a RX 460 que verá a luz dÃa 8 a uns 109 dólares.
As novas tarxetas non estarÃan certificadas para a realidade virutal, como a RX
480, pero terÃan un prezo moi inferior, o que poderÃa valerlles unhas importantes
vendas, xa que serÃan unha solución moi asumible para os usuarios que demandan
grande potencia para os gráficos dos seus xogos preferidos.
A Radeon RX 470, pese ao seu prezo axustado, serÃa unha gráfica máis que
competente para os que simplemente queiran unha boa experiencia de xogo Full
HD, podendo chegar a procesar gráficos a 4,9 TFLOP, contando con 4 GB de
memoria GDDR5 e mantendo o seu consumo en 120 watts, estimándose que
conseguirÃa un rendemento en xogos de entre 1,5 e 2,4 veces superior ao dunha
Radeon R7 270.
Pola súa banda, a Radeon RX 460 conformarÃase cunha potencia máxima de 2,2
TFLOP, contarÃa con modelos con 2 e 4 GB de memoria GDDR 5 e consumirÃa menos
de 75 watts, de xeito que, aparte de máis económica, tamén serÃa apta para
equipos máis modestos (xa que colle a alimentación directamente da interface
PCI-E), conseguindo un rendemento de entre 1,2 e 1,3 veces máis rápido que o
dunha Radeon R7 260X en xogos como Dota 2,
Rocket League ou Overwatch.