ARCHOS pon á venda un smartphone con Android 4.1.2, dobre SIM e pantalla de 5,3 polgadas
luns, 15 de xullo do 2013
Hai 3
meses ARCHOS
anunciou unha liña de smartphones con Android e dobre SIM que querían
facerse un oco neste competitivo nicho de mercado, e hoxe temos xa o lanzamento
dun dos terminais máis atractivos de tal liña, o ARCHOS
53 Platinum, que incorpórase
á tenda en liña do fabricante francés a un prezo de 249,99 euros
(lixeiramente menos do previsto inicialmente) e que sería un dispositivo
axeitado para os que busquen un tabletófono
a un prezo axustado, pois estamos a falar dun móbil con pantalla IPS de 5,3
polgadas (cunha resoulción de 960 x 540 píxeles).
Este novo smartphone con Android Jelly Bean e dobre SIM resulta atractivo polo
seu grosor de 9,2 milímetros, co seu procedador de catro núcleos a 1,2 GHz e 1
Gb de RAM é capaz de correr as aplicacións máis frecuentes con grande fluidez,
a súa cámara de 8 Mpíxeles é máis que suficiente para capturar imaxes e gravar
vídeo por parte do usuario medio e a súa batería de 2.800 mAh é extraíble, de
xeito que, aparte de ter capacidade dabondo para poder operar un día enteiro cun
uso medio, tamén permitiría empregar unha batería secundaria durante as viaxes
ou en caso de emerxencia.
Os usuarios que desexen un terminal lixeiramente inferior poden optar polo
ARCHOS 50 Platinum, que ten
un prezo máis axustado (219,99 euros) e diferénciase principalmente en que
a súa pantalla é de 5 polgadas (coa mesma resolución) aínda que a súa batería
reduce a súa capacidade ata os 2.000 mAh (detalle que deberemos ter en conta
segundo a intensidade de uso que deamos aos smartphones no noso día a día).