ARCHOS presentará novos smartphones e tablets na feira IFA de Berlín
venres, 30 de agosto do 2013
A semana que vén comeza a feira IFA en Berlín, e de cara a
este evento ARCHOS prepara toda unha serie de smartphone e tablets con Android que
amosar ao público e que comercializaranse nos vindeiros meses. A compañía
francesa leva 4 anos traballando co sistema operativo de Google, e actualmente os
seus dispositivos están certificados pola compañía de Mountain View (de xeito
que poden acceder ao inmenso catálogo de aplicacións de Google Play).
Continuando na innovación en tablets, a nova ARCHOS 97b Platinum HD pode
presumir de procesador de catro núcleos, deseño en aluminio, conexión sen fíos,
pantalla IPS de ata 2.048 x 1.536 píxeles (comparable ás pantallas Retina dos
iPad) e Android 4.2; mentres que a ARCHOS 101 XS 2 chegará como un bo expoñente
da familia Gen11, ofrecendo tamén procesador de 4 núcleos, pantalla IPS HD,
altofalantes frontais estéreo duais e teclado magnético exclusivo de ARCHOS,
resultando así axeitado tanto para a reprodución multimedia como para a
produtividade.
Outras tablets que está a renovar a compañía son as temáticas, como a ARCHOS ChildPad, orientada aos cativos (con
filtro para menores e control paterno) que estreará un modelo con pantalla de
10,1 polgadas; e para un uso máis lúdico tamén teremos en breve unha ARCHOS
GamePad 2 (con controis físicos que facilitan o uso de videoxogos).
Pensando na banda larga móbil, ARCHOS tamén está a mellorar os seus
dispositivos con 3G e 3G+, cunha familia de tablets ARCHOS Xenon que integrará
pantallas HD, procesadores de 4 núcleos, Android 4.2 e 3G a prezos inferiores
aos dos dispositivos Wi-fi de Samsung ou Apple.
Tamén teremos novos smartphones de ARCHOS, como o ARCHOS 50 Oxygen, que con
pantalla IPS Full HD, procesador de 4 núcleos a 1,5 GHz, 16 Gb de almacenamento
interno, Android 4.2 e cámaras de 13 e 5 Mpíxeles quere ser o dispositivo
insignia da compañía; mentres que a gama Titanium parte dun móbil con pantalla
de 4 polgadas, procesador de dobre núcleo, Bluetooth, GPS, dual SIM, Android
4.2 e cámaras de 5 e 0,3 Mpíxeles cun prezo de 99 euros.