ASUS prepara un tablet con Android que pode facer de caderno

martes, 1 de marzo do 2011 Marcus Fernández

ASUS confirmou que en xuño achegará ao mercado o seu novo Eee Pad MeMo, un novo tablet de 7 polgadas que estes días pode verse no CeBIT e que funciona cun procesador Snapdragon de dobre núcleo a 1,2 GHz, 64 Gb de almacenamento interno, sistema operativo Android 3.0, cámaras de 5 e 1,2 Mpíxeles e a posibilidade de funcionar coma un caderno escribindo ou debuxando na súa pantalla grazas a unha stylus.
Polo momento ASUS non anunciou o prezo de venda deste interesante produto, do que sorprende especialmente o feito de que funcione con Android 3.0, sistema operativo que parecía limitado a tablets de maior tamaño.

PUBLICIDADE