Aberto o prazo para incorporar centros ao programa de innovación educativa Club de Ciencia
xoves, 17 de xuño do 2021
- Unha das actividades recentes do Club da Ciencia co investigador, científico e divulgador Jorge Mira
A Xunta
de Galicia vén de anunciar a apertura do prazo de incorporación de
novos centros ao programa de innovación educativa Club
de Ciencia,
que ten como obxectivo promover o desenvolvemento das competencias
científico-tecnolóxicas entre os máis novos. Esta será a sexta
edición da iniciativa, que naceu no 2016/17 con nove centros e
chegou aos 117 centros na pasada campaña. O prazo de presentación
de solicitudes remata o 17 de setembro de 2021.
Este
programa é
un complemento clave da folla
de ruta coa que o Goberno galego
impulsa
a dixitalización do sistema educativo, e que inclúe medidas como a
dotación de espazos maker
e polos creativos nos centros, ou a implantación da Intelixencia
Artificial no currículo de todas as etapas educativas.
O Club
de Ciencia
defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha
metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes
acción enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta
ás súas curiosidades, aos seus intereses e resolver problemas.
Deberá estar formado por un ou máis docentes de calquera
especialidade, e un actuará como persoa coordinadora do club. Cada
centro docente participante recibirá unha achega económica a
determinar en función do número de centros que finalmente
participen.
Deste
xeito, os centros docentes públicos que impartan ensinanzas de
Educación Primaria, Secundaria ou Bacharelato poderán presentar
solicitudes ata o 17 de setembro do 2021. O formulario de inscrición
e a documentación dirixirase Á Secretaría Xeral de Educación e FP
e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede
Electrónica da Xunta de Galicia.