Acer Switch 12, o novo 5-en-1 para os que buscan versatilidade
martes, 4 de novembro do 2014
Acer anunciou hoxe que está a preparar
o lanzamento do seu novo equipo Acer Switch 12, que destaca pola súa
versatilidade ao poder colocarse en 5 modos distintos, de xeito pode adaptarse
a usos moi diferentes segundo queiramos empregalo como se fose unha tableta, un
portátil e distintas configuracións intermedias: como pantalla, como equipo de
escritorio e como tableta con peaña.
Este atractivo equipo goza dunha pantalla IPS Full HD de 12,5 polgadas con
Corning Gorilla Glass, funciona cun procesador Intel Core M, promete unha
autonomía de até 8 horas de reprodución de vídeo, inclúe dobre antena Wi-Fi
para conseguir transferencias de datos máis rápidas, estará dispoñible cunha
unidade SSD de 30 ou 128 Gb, inclúe portos micro USB 3.0 e micro HDMI e está
previsto que chegue ás tendas no terceiro trimestre do ano a un prezo que parte
de 649 euros.
- O equipo pode colocarse como se fose un ordenador de sobremesa
- Ao quitarlle o teclado, o Switch 12 pode colocarse inclinado sobre a mesa para un uso táctil confortable