Acer estrea móbil con Android 2.1
mércores, 7 de xullo do 2010
A aposta de Acer polo sistema operativo móbil Android concrétase no
lanzamento este mes en España do móbil Acer
Stream, que sairá á venda libre por 499 euros e que trátase dun terminal na
liña do Nexus One, cunha pantalla AMOLED de 3,7 polgadas cunha resolución de
800 x 480 pÃxeles, un procesador Snapdragon a 1 GHz, 512 Mb de RAM, 2 Gb de
memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb (inclúe unha
de 8 Gb), cámara de 5 MpÃxeles capaz de gravar vÃdeo a 720p, saÃda miniHDMI,
toma de auriculares es´tandar, radio FM, GPS, compás dixital, Wi-Fi N,
Bluetooth, baterÃa de 1.400 mAh, unhas medidas de 119,5 x 63 x 11,2 milÃmetros
e un peso de 140 gramos.
Este interesante móbil vén co Android 2.1 cunha capa de personalización chamada
Acer Touch 3D, que integra as principais redes sociais e conta cun deseño
diferente ao que estamos afeitos. Tamén inclúe aplicacións precargadas coma Acer
Spinlets (servizo de streaming
musical de balde), o nemo Player (reprodutor multimedia) ou Acer urFooz
(ferramenta que crea unha réplica
virtual do usuario para compartila en redes sociais). Tamén integra a Facebook
e a Twitter na axenda do móbil.