Acer lanza un novo portátil convertible económico
xoves, 23 de xullo do 2015
Nos últimos meses os fabricantes de informática de consumo
están a sorprender con equipos portátiles moi completos a prezos moi axustados,
e nesta liña, sen agardar á chegada de Windows 10, Acer pon á venda nos
EE.UU. a un prezo de só 199,99 dólares un o seu novo convertible Acer One 10,
que inicialmente vén con Windows 8.1 with Bing (actualizable a Windows 10) e
que é de agardar que en poucas semanas chegue a Europa.
O Acer One 10
é un portátil que tamén pode funcionar como tableta ao desprenderse do seu
teclado, que conta cunha pantalla táctil IPS de 10,1 polgadas cunha resolución
de 1.280 x 800 píxeles, procesador Intel Atom Z3735F de catro núcleos a 1,33
GHz, 2 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas
microSD/microSDXC), Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, batería de 8.400 mAh e 1,19
quilogramos de peso.
Cómpre destacar que a pantalla conéctase á súa base-teclado mediante unha
bisagra magnética libre de pechos, de xeito que fai moi doada a separación da
pantalla e permite incluso a súa posición en dúas posicións (mirando cara o
teclado ou cara afora) que dota ao equipo de grande versatilidade (xa que
permite que o coloquemos en diferentes posicións en función do uso que lle
deamos no escritorio ou nas mans).
- A pantalla do portátil pode colocarse en dous sentidos diferentes na súa bisagra