Acer presenta novos móbiles con Android 4.0
martes, 21 de agosto do 2012
De
cara á feira IFA que botará a andar en BerlÃn o vindeiro dÃa 31, Acer anuncia un par de smartphones, o Liquid Gallant e o Liquid
Gallant Duo (este último contarÃa con dobre SIM) que chegarán co sistema
operativo Android 4.0.4, pantalla de 4,3 polgadas cunha resolución de 960 x 540
pÃxeles, procesador MTK 6575 a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de ROM, cámara de 5
MpÃxeles con enfoque automático, flash LED e gravación de vÃdeo a 720p, Wi-Fi
N, Bluetooth 3.0, receptor de radio FM, GPS, micro-USB, baterÃa de 1.500 mAh,
unhas dimensións de 129 x 65,5 x 9,9 milÃmetros e un peso de 145 gramos.
AÃnda que normalmente entre as presentacións nas feiras e a chegada ao mercado
dos dispositivos tenden a pasar meses, nesta ocasión os novos Liquid Gallant
comezarán a chegar ás tendas en dúas cores (negro e branco) a partir de
setembro na súa versión con dobre SIM, chegando pouco despois a versión para
unha única tarxeta SIM.