Acer presenta novos portátiles convertibles económicos
xoves, 23 de abril do 2015
AÃnda que inicialmente o mercado miraba con receo os equipos
convertibles baseados en Windows, as melloras que foron chegando con Windows
8.1 e os prometedores avances de Windows 10 fan que este tipo de ordenadores non
parecen de chegar ao mercado, incluso a prezos bastante axustados, como os novos equipos presentados
por Acer.
Por exemplo, o Acer Switch 10 é un equipo con pantalla de 10 polgadas cunha
resolución de 1.920 x 1.200 pÃxeles que está equipado cun procesador Intel Atom
de catro núcleos, 2 GB de RAM, até 64 GB de almacenamento interno (aÃnda que
pode gozar de discos duros de até 1 TB empregando unha base) que sairán á venda
en xuño a un prezo que parte dos 449 euros; pero como equipo de entrada por
resultar máis atractivo o Acer Switch 10 E, que conta cunha pantalla de menor
resolución (1.280 x 800 pÃxeles) aÃnda que pode presumir dunha autonomÃa de até
12 horas e dun prezo moi axustado (299 euros) que veremos no mercado en maio.
Ambos equipos teñen pantallas IPS con Corning Gorilla Glass, poden funcionar
como tabletas que se converterÃan en portátiles se lle engadimos unha
funda-teclado que tamén incorpora trackpad e inlcuso poden presumir de incluÃr
un porto USB 2.0 de tamaño completo e outro de tamaño micro, saÃda micro HDMI,
Bluetooth 4.0 e Wi-Fi N. Unhas prestacións bastante completas para uns equipos
versátiles e baratos, que no caso do Switch 10 tamén contan cunha interesante
opción: adquirir un Acer Active Pen, ou sexa, un lapis dixitalizador, que é
unha das caracterÃsticas máis demandas en tabletas por certo tipo de usuario
afeito a tomar anotacións en papel e que atopan asà un xeito de trasladar o seu
fluxo de traballo ao contorno dixital.