Acer presenta o primeiro monitor de 24 polgadas en alta definición en 16:9

luns, 9 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Acer presentou no Computex de Taipei o que segundo a empresa é o primeiro monitor de 24 pulgadas en alta definición en formato 16:9, pois o formato habitual destas pantallas para ordenadores é de 16:10.
O Acer P224W soporta unha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, cunha relación de contraste de ata 20.000:1, unha velocidade de resposta de 2 milisegundos e un conector HDMI, o que fai que esta pantalla sexa válida tanta para o seu uso en ordenadores coma noutros dispositivos (reprodutores de discos Blu-ray, consolas de videoxogo como a Xbox 360 ou a PS3, etc.).
Non se detalla a data de lanzamento deste monitor, nin o seu prezo, pero parece que será unha oferta moi interesante para que queira achegarse ao vídeo en alta definición, xa que modelos anteriores teñen prezos próximos aos 300 euros (e os monitores Acer de 22 polgadas incluso baixan dos 200 euros).

PUBLICIDADE