Acer presenta un portátil con pantalla 3D

xoves, 15 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Acer Computer presentou baixo o lema Touch the Future Now unha colección de novos ordenadores de sobremesa, portátiles e pantallas que incorporan tecnoloxía táctil pensando no soporte que Windows 7 permite deste tipo de pantallas, destacando especialmente o portátil Hacer Aspire 5738DG, que sería o primeiro equipo deste tipo en utilizar a tecnoloxía 3D CineReal, ou sexa, que sería compatible con lentes polarizadas para permitir a representación de imaxes estereoscópicas, ou sexa, para levar as 3D a un equipo portátil.
Este ordenador funcionará cun procesador Intel Centrino 2, terá ata 4 Gb de RAM e unha tarxeta de son Dolby Home Theatre, a un prezo de venda de 1.999 dólares neocelandeses (999,08 euros).
Estes novos equipos deberían pórse á venda en Australia a partires do vindeiro día 22, quedando por determinar o seu lanzamento no resto do mundo.

PUBLICIDADE