Acer presenta un ultraportátil con arranque dual Windows/Android
xoves, 27 de xaneiro do 2011
Acer
acaba de presentar en España un novo ordenador ultraportátil destinado a
estudantes, o Aspire One E100, que chega en cor azul e coa opción de
adquirilo cunha estrutura de goma para protexelo do deterioro no seu uso
diario, aÃnda que resulta máis destacable o feito de que conte cun arranque
dual de xeito que podemos iniciar o equipo tanto con Windows 7 coma con
Android.
O Acer Aspire One E100 ten unha pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de
1.024 x 600 pÃxeles, procesador Intel Atom, 1 Gb de RAM, 250 Gb de disco duro,
Wi-Fi, Bluetooth, webcam, varios portos USB 2.0, lector de tarxetas de memoria
e unha baterÃa de 5 celas que dotará ao equipo dunha autonomÃa de ata 8 horas.
O seu prezo será de 349 euros, aÃnda que non detallan a súa data de chegada ás
tendas.