Acer presentará en Barcelona a súa proposta de smartphone de gama media

xoves, 20 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Acer parece querer facer fronte a Motorola, e anuncia que vai levar ao Mobile World Congress de Barcelona o seu novo smartphone Liquid E3, un smartphone con pantalla IPS de 4,7 polgadas, procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno, cámaras de 13 e 2 Mpíxeles, 135 gramos de peso e Android 4.2.2 (actualizable a Android 4.4 ao longo do ano), que chegará ao mercado a un prezo de 199 euros, polo que sería un competidor directo do Moto G a partir do mes de abril.
Acer personaliza os seus móbiles coa capa gráfica LIQUID UI, que vén de renovarse, ofrecendo unha aparencia atractiva, facilitando funcionalidades como o enmudecido de notificacións. Tamén integra AcerCloud, un servizo para xestionar e compartir ficheiros multimedia, que tamén integra un sistema de copia de seguridade automática para conservar de xeito seguro as fotografías que se tomen dende o móbil.

PUBLICIDADE