Acer renova os seus Chromebox
venres, 13 de abril do 2018
AÃnda
que Chrome OS é un sistema operativo baseado en tecnoloxÃas web que
principalmente corre en ordenadores portátiles Chromebook, tamén está
dispoñible en equipos de escritorio, Chromebox, como os que Acer
comercializa dende 2014, e que este mes están a actualizarse para integrar novos
procesadores e novas configuracións. Temos asà que nos
EE.UU. xa poden reservarse os novos Acer Chromebox CXI3 que parten
dun prezo de 297,99 dólares, cun procesador Intel Celeron 3865U, 4 GB de
RAM e 32 GB de almacenamento, e chegan até
un equipo de 744,99 dólares cun procesador Intel Core i7 8550U (de 8ª
xeración) con 16 GB de RAM e 64 GB de SSD (en formato m.2).
Estes pequenos ordenadores, cunha dimensións de 15 x 15 x 4 centÃmetros,
integran 3 portos USB 3.0, 2 portos USB 2.0, 1 porto USB-C 3.0, saÃda HDMI,
Gigabit Ethernet, toma para auriculares/micrófono, lector de tarxetas microSD e
incluso un accesorio para poder montalo na parte traseira dun monitor e asÃ
liberar espazo no escritorio.