Acer renova os seus ordenadores para estudantes
martes, 31 de xaneiro do 2023
A
familia de ordenadores portátiles de Acer para estudantes, a serie TravelMate
B, con equipos con certificación MIL-STD 810H, o que supón que aturan caídas dunha
altura de 122 centímetros e incluso contan con teclados resistentes a líquidos,
están a renovarse, comezando co Acer
TravelMate B5 14, que funciona cun procesador Intel Core i3-N305, con
pantalla Full HD de 14 polgadas, cámara HDR, dobre micrófono para a cancelación
de ruído e unha autonomía de até 7,5 horas.
Acer tamén actualizou o Acer TravelMate B3 11 e o Acer TravelMate Spin B3 11,
incorporándolle Windows 11 e procesador Intel N200, destacando este último por
ser un equipo con pantalla táctil abatible. En todos estes casos falamos de
ordenadores pensados para aguantar toda a xornada educativa e facilitar a
colaboración entre estudantes.
- O Acer TravelMate Spin B3 11 conta cunha pantalla abatible para facilitar o seu uso táctil