Adaptador para conectar un monitor a través dun porto USB
xoves, 31 de maio do 2007
As tarxetas de vídeo dos ordenadores inclúen un
porto de conexión para un monitor VGA e, en moitas ocasións, un segundo
conector para poder empregar dous monitores simultáneos, pero os equipos que
non conten cun porto D-Sub adicional (ou que non teñan ningún, como acontece
con algún portátil) teñen agora unha nova solución á súa media: o adaptador USB-RGB de I-O
Data.
Esta adaptador permite empregar un porto USB libre para conectar un monitor VGA
adicional, soportando
resolucións WXGA+ e SXGA+ ou sexa, que permite empregar resolucións de
pantalla de ata 1.440 x 900 píxeles, o que parece imposible ata hai pouco
tempo, pois o largo de banda preciso para transmitir vídeo é moi elevado.
O adaptador USB-RGB xa está á venda no Xapón a 10.600 iens (64,82 euros) e agárdase
que pronto chegue ó resto do mundo, e que sexa un dos moitos adaptadores deste
tipo que cheguen nos vindeiros meses (nos que incluso poderían aparecer
alternativas sen fíos).