Adiantan o que será o novo eReader de Sony con pantalla táctil e Wi-Fi
venres, 10 de agosto do 2012
AÃnda que os lectores de libros electrónicos de Amazon e
Barnes&Noble parezan estar a dominar moitos mercados, continúan no mercado
os eReaders de fabricantes que non se dedican principalmente á venda de libros como Sony, que
teñen que reaccionar mellorando os seus produtos e axustando os seus prezos á
competencia, e asà podemos ver un adianto do Sony PRS-T2/HBC,
dispositivo para o que xa aceptan reservas a un prezo de 129,99 dólares (uns
106 euros) mentres que o seu predecesor (o PRS-T1) ten un prezo recomendado de
159 dólares (en España véndese por 159 euros), ou sexa, que podemos agardar que o novo trebello chegue a Europa a un prezo de 129 euros.
O novo eReader conta cunha pantalla táctil E Ink Pearl de 6 polgadas cunha resolución
de 600 x 800 pÃxeles, lector de tarxetas microSD, a posibilidade de realizar
anotacións e destacar textos, unha baterÃa que permite unha autonomÃa de ata 2
meses e inclúe unha copia do primeiro libro da saga de Harry Potter.
O Sony PRS-T2 presume de ser o eReader de 6 polgadas máis lixeiro do mundo
(menos de 170 gramos), ten un grosor de 9,6 milÃmetros, conta con conectividade
Wi-Fi para acceder a numerosos libros de balde ou adquirir publicacións da Sony
Reader Store, integra 6 dicionarios con funcións de tradución (a inglés,
francés e español) e é capaz de ler documentos en multitude de formatos como
PDF e ePUB.