Adiantan parte das especificacións do HTC One X
venres, 17 de febreiro do 2012
Como vén a ser habitual, parece que de cara ao Mobile World
Congress de Barcelona son moitas as filtracións dos produtos que buscan captar
a atención dos medios especializados en tal eventos, como o HTC One X, que
parece ser a grande aposta do fabricante taiwanés para poder competir en deseño
e delgadeza (terá un grosor de menos de 10 milÃmetros) cos terminais máis avanzados
de Samsung e Motorola.
O HTC One X
serÃa un móbil con pantalla Super LCD de alta definición de 4,7 polgadas,
procesador de catro núcleos nVIDIA Tegra 3, 1 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento
(non ampliable mediante tarxetas microSD), Beats Audio, cámaras de 8 e 1,3
MpÃxeles, LED para notificacións, radio FM e baterÃa de 1.800 mAh. Funcionará
con Android 4.x, empregará tarxetas micro SIM e, ao igual que o Samsung Galaxy
Nexus, carecerá de botóns fÃsicos frontais. Tamén espérase que saia unha versión
deste impresionante móbil con conectividade LTE (nos paÃses nos que este tipo
de redes teñan unha boa implantación).