Advent Vega, un tablet de 10 polgadas con Android e a menos de 300 euros
martes, 19 de outubro do 2010
Os tablets que
chegan ao mercado como alternativas ao iPad son na súa meirande parte
decepcionantes por contar con pantallas de pequeno tamaño e prestacións
bastante recucidas, pero algúns modelos coma o Advent Vega resultan bastante
prometedores, pois este dispositivo que chegará o mes que vén conta co sistema
operativo Android 2.2, pantalla táctil capacitiva de 10 polgadas cunha
resolución de 1.024 x 600 píxeles, procesador nVIDIA Tegra 2 (o que permitiría
a reprodución de vídeo en alta definición), 512 Mb de RAM, 512 Mb de
almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD, webcam de 1,3
Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth, saída mini HDMI e saída USB que sorprende
agradablemente polo seu prezo, xa que venderíase
a 249,99 libras (285,70 euros), o que está bastante lonxe dos elevados
prezos do iPad e mesmo do Samsung Galaxy Tab (tablet con Android ao que o
Advent Vega fai quedar coma un cativo).
O Advent Vega funcionará
inicialmente coa tenda de aplicacións Archos AppsLib, aínda que agárdase
que na súa revisión de software incorpore o acceso ao Android Market. Para
primeiros de 2011 tamén sairá unha versión do Advent Vega con conectividade 3G.
- O Advent Vega ten un tamaño considerablemente superior ao do Samsung Galaxy Tab