Aiptek presenta un novo proxector de peto

venres, 6 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Parece que os proxectores en miniatura poden ser un novo trebello de moda, pensados especialmente para o seu uso para presentacións profesionais, que mesturadas coa mobilidade resultan moi atractivos, polo que Aiptek vén de presentar en Taipei o seu PocketCinema V10, que inclúe a tecnoloxía de proxección de 3M, o que lle permite proxectar unha imaxe de 50 polgadas dende un pequeno proxector que colle no peto.
Para achegar contidos de vídeo pódese empregar un conector AV 3 en 1 (moi habituais en cámaras dixitais e de vídeo) aínda que tamén pode reproducir contidos almacenados na súa memoria interna de 1 Gb ou en tarxetas de memoria (SD, MMC ou MS Pro).
O PocketCinema V10 pode amosar imaxes en formato JPEG e vídeos en formato ASF, AVI e MPEG-4. Tamén integra altofalantes estéreo e batería, aínda que non coñecemos nin a súa data de lanzamento nin o seu prezo (que debería ser bastante axustado).

PUBLICIDADE