AirVolt permite cargar o iPhone sen cables
xoves, 13 de maio do 2010
A tenda en liña ThinkGeek vén de incorporar en exclusiva ao seu catálogo o AirVolt, un
dispositivo que permite recargar a batería dun iPhone 3G ou 3GS a través de indución á
mesma velocidade que o sistema de carga tradicional, pero evitando o uso de
cables ou adaptadores, e que tamén conta cun porto USB adicional para cargar
outro dispositivos.
O AirVolt vén a ser un soporte de 14 x 11,5 centímetros conectado a corrente e
capaz de cargar un iPhone con só colocalo sobre el, e aínda que non é un
produto licenciado por Apple, de seguro que vai ter unha boa acollida,
especialmente porque, pese a ser revolucionario,
o seu prezo é moderado, custando 49,99 dólares (38,99 euros), mentres que a Base Dock oficial véndese
por 25 euros.
Vídeo no que amosan o funcionamento do AirVolt