Airis amplÃa o seu catálogo cun smartwatch de seu
martes, 26 de maio do 2015
A compañÃa española
Airis vai lanzar dous smartwatch de seu, os
modelos SW01N e SW01B, dous trebellos cunha duración de carga de
150 horas, dispoñÃbeis en branco e negro e, segundo informa o
fabricante, con ampla marxe de autonomÃa para recibir e realizar
chamadas e mensaxes grazas ao seu cartón Micro SIM. O gadget
(en realidade é un só trebello achegado en dúas modalidades) é
sincronizábel vÃa Bluetooth con calquera dispositivo intelixente,
unha dualidade que permite ao usuario estar sempre conectado e non
perder ningunha notificación das aplicacións. Todo isto durante as
devanditas 150 horas que ten de autonomÃa.
Airis tamén salienta
outro factor a ter en conta, que é súa sinxela de uso. Isto
compleméntase cunha pantalla LCD táctil de 1,54 polgadas e unha
longa serie de caracterÃsticas e funcionalidades como navegador web,
reprodutor de audio e vÃdeo, función podómetro (pasos e calorÃas),
calendario, calculadora, radio FM, alarmas e reloxo. Tamén acubilla
tecnoloxÃa Bluetooth 3.0, lectores de cartóns Micro SIM e Micro SD,
ademais dun porto Micro USB para a súa carga e a transferencia de
datos.O prezo de venda ao público recomendado é de 189,90 euros e
xa se atopa dispoñÃbel, nas cores branco e negro, nos puntos de
venda autorizados e na tenda en
liña oficial de Airis.