Alcatel adianta o que será o seu móbil con Windows Phone 7.8

martes, 9 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Segundo vai aproximándose o lanzamento oficial de Windows Phone 8 o vindeiro día 29 aparecen máis compañías interesadas na plataforma móbil de Microsoft, e a última da que sabemos é a francesa Alcatel, que aínda que nun principio non ten pensado apostar polos terminais de alta gama fan Nokia, HTC e Samsung, vén de filtrar fotografías a través de Instagram do que será o seu novo terminal con Windows Phone 7.8 (a actualización de Windows Phone 7.5 que dá a impresión de que vai converterse no Windows Phone de gama baixa).
Dende a conta de Twitter de Alcatel en Rusia aínda adiantaron máis detalles deste novo móbil Alcatel One Touch, como que terá unha pantalla IPS de 4 polgadas cunha resolución de 480 x 800 píxeles, procesador a 1 GHz, 512 Mbytes de RAM, cámara de 5 Mpíxeles con enfoque automático e un prezo máximo de 7.990 rublos (uns 199 euros).

O novo móbil de Alcatel contará cunha cámara de 5 Mpíxeles con enfoque automático

PUBLICIDADE