Alcatel presenta un dispositivo para compartir unha conexión 4G no automóbil

luns, 7 de setembro do 2015 Marcus Fernández

Aproveitando a celebración da feira IFA de Berlín, Alcatel Onetouch presentou produtos que non se limitaron a ser smartphones baseados en Android e incluso un smartwatch, senón que tamén quixo anunciar un novo dispositivo que atende a unha crecente demanda de banda larga móbil: o 4G Car WiFi, un pequeno dispositivo que podemos conectar ao acendedor do coche para dotalo de enerxía e que conéctase á rede de banda larga móbil 4G para compartir tal acceso á Rede a través de Wi-Fi con até 15 dispositivos, facendo que durante as viaxes sexa coado gozar de acceso a Internet dende tabletas, smartphones, cámaras, ordenadores portátiles... compartindo unha única conexión á Rede.
Este novo trebello pode controlarse a través dunha aplicación para Android e iOS, pode conectarse a redes móbiles que parte do básico GRPS e van até o LTE a 150 Mbps, comparte o acceso a través de Wi-Fi 802.11 b/g/n e incluso conta cunha toma USB para poder recargar un dos nosos dispositivos electrónicos durante mentres empregamos o punto de acceso Wi-Fi.
Este interesante dispositivo chegará ao mercado europeo o mes que vén a un prezo por determinar.

Este punto de acceso Wi-Fi con modem 4G está deseñado para o seu uso no automóbil

PUBLICIDADE