Alcatel presenta un smartphone con dobre cámara frontal e traseira
mércores, 5 de abril do 2017
Nos últimos meses popularizouse a incorporación de dobre
cámara nos smartphones, buscando distintos efectos en cada caso, e para sumarse
a esta tendencia e sorprender, Alcatel presenta o seu novo
Flash, un smartphone que presume de ser o primeiro do mundo en optar por
dobre cámara frontal e traseira cun procesador de 10 núcleos.
Detallando as especificacións, falamos dun smartphone con pantalla IPS Full HD
de 5,5 polgadas, procesador MediaTek Helio X20, 3 GB de RAM, 32 GB de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria de até 128 GB,
LTE (con banda 800), Wi-Fi N, Bluetooth 4.1, radio FM, lector de pegadas
dixitais, baterÃa de 3.100 mAh recargable mediante USB-C, un grosor de 8,7
milÃmetros e un peso de 155 gramos, que sitúan este terminal dentro dunha
configuración moi frecuente entre os móbiles chineses, se non fose polas súas
cámaras.
Na súa parte traseira conta con dúas cámaras de 13 MpÃxeles con apertura f/2.0
e sensor Sony IMX258 que recollen unha a información en branco e negro e a
outra en cor (na liña do que tamén fai Huawei nalgúns dos seus terminais) e
incluso son capaces de gravar vÃdeo en 4K a 30 cadros por segundo ou en Full HD
a 60 cadros por segundo. Tamén integran flash LED de dobre ton. As imaxes poden
gravarse en RAW no caso de querer editarse dun xeito profesional.
No caso das cámaras frontais, temos unha de 8 e outra de 5 MpÃxeles, ambas con
apertura f/2.0 e acompañadas dun flash de dobre ton. Neste caso aproveitarase a
dobre cámara para poder facer desenfoque selectivo no Super Selfie Mode.
Temos asà un produto bastante atractivo do que falta por saber os mercados e os
prezos aos que estará dispoñible.