Altec Lansig presenta un novo sistema de audio e vídeo para iPod e MP3

martes, 5 de xuño do 2007 Raquel Noya

O fabricante de sistemas de audio para o ocio dixital e altofalantes multimedia, Altec Lansing vén de presentar un novo sistema de audio e vídeo para iPod e MP3 que se fai chamar iMV712. Este novo InMotion aumenta a experiencia do vídeo do iPod levando as descargas visuais en directo a unha pantalla LCD de alta resolución de 8,5 polgadas que está situada no centro de dous innovadores altofalantes portátiles.
A tecnoloxía SFX (Stereo Field Expander) de Altec Lansig, é ideal para expandir o son do audio e aportarlle ó usuario un efecto aumentado do estéreo; esta prestación permite un procesamento do sinal patentado que amplía a imaxe estereofónica e expande o son.
Os dous altofalantes de neodimio de 3 polgadas e máis o subwoofer de 4 polgadas ofrecen un son de gran definición e emiten as notas altas de xeito claro e equilibrado.
Este sistema de audio e vídeo portátil é compatible co iPod e vén cun dock universal de Apple máis unha clavixa extra para poder acoplarlle outros dispositivos MP3/4.
Ademais, o InMotion iMV712 inclúe unha entrada auxiliar, saídas de vídeo e un control remoto sen fíos para dirixir tanto os altofalantes como o iPod. Xa está dispoñible en España, en tendas Fnac e El Corte Inglés a un prezo de venta de 399,90 euros.

Características do iMV712:

  • Potencia Dixital de 40 W RMS Audio.
  • Son limpo e cristalino.
  • Subwoofer incluído.
  • Pantalla panorámica de Alta Resolución de 8.5”.
  • Control remoto sen fíos.
  • “Look” y deseño elegante.
  • Conexión iPod y recarga do iPod
  • Sistema de alarma
  • SFX Stereo Field Expander
  • Entrada auxiliar 3,5” e soporte universal.

PUBLICIDADE