Altofalante Bluetooth de 360 graos de JBL

venres, 23 de setembro do 2011 Marcus Fernández

O sistema de altofalantes é especialmente atractivo para o seu uso co iPad ou outros dispositivos Bluetooth

O JBL On Tour iBT é un novo sistema de altofalantes Bluetooth que pode empregarse para a reprodución sonora dende o móbil ou dispositivos móbiles de Apple, de xeito que cando reproduzamos contidos multimedia no iPad poderemos gozar cun son de calidade por contar na súa base con 4 altofalantes. Este sistema tamén pode empregarse cun conector tipo jack, aínda que o feito de operar sen fíos é unha das súas principais vantaxes, xa que tamén é posible que funciona de xeito autónomo alimentándose con 4 pilas AA (tamén inclúe un adaptador de corrente).
Este novo sistema de JBL tamén incorpora micrófono, o que facilita o seu uso como sistema de mans libres, e cando o temos conectado a corrente tamén podemos aproveitalo para cargar dispositivos como o iPad ou o iPhone a través dun porto USB integrado. O seu prezo de venda nos EE.UU. é de 199,99 dólares.

PUBLICIDADE