Altofalantes/mans libres de Newertech para o iPhone

venres, 4 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A base de altofalantes para o iPhone de Newertech non só permite escoitar música a través dos mesmos, senón que tamén se pode empregar como sistema de mans libres grazas a un micrófono flexible externo. O dispositivo tamén serve para cargar o iPhone.
A base con altofalantes mide 19,81 x 11,94 centímetros e o micrófono 24,89 centímetros, o peso total é de 490 gramos. Venderase a 34,99 dólares a partires do día 28 deste mes.

PUBLICIDADE