Altofalantes que flotan na auga

martes, 10 de xuño do 2008 Marcus Fernández

A chegada do verán inspira trebellos innovadores coma o altofalante flotante Aqua Sounders, que destaca por flotar na auga. O dispositivo é un altofalante sen fíos desenvolvido por Grace Digital Audio, que conta cunha base emisora na que conectar un reprodutor multimiedia que transmite o son ata o curioso altofalante con forma de balón que pode funcionar na auga, polo que se pode empregar en piscinas.
O altofalante pode separarse ata 45 metros da súa base e con 6 pilas AA acada unha autonomía de ata 6 horas (dependendo do volume). Cada base pode transmitir o seu sinal ata a 10 altofalantes á vez.
O conxunto de base e altofalante se vende por 149,95 dólares (96,85 euros), mentres que cada altofalante adicional custa 99 dólares (64,35 euros). Non parece preciso comentar que este tipo de produto destaca máis polo seu deseño e orixinalidade que polo seu uso práctico.

PUBLICIDADE