Altofalantes xiratorios para o iPod Touch
luns, 11 de agosto do 2008
Para os
reprodutores multimedia de Apple hai multitude de bases dock que incorporan funcións como a radio ou o espertador, pero o iHome
iH41 destaca por aproveitar que o iPod Touch rota a imaxe da súa
pantalla segundo o coloquemos en vertical ou en horizontal, de xeito que tamén
fai o propio, e permite colocar o iPod en calquera das dúas posicións (xirando
tamén a pantalla do reloxo integrado no dispositivo).
O iH41 serve para cargar a baterÃa do iPod, permite empregar o reprodutor para
funcións de espertador (asà como se pode apagar nun número de minutos
determinado), utiliza tecnoloxÃa EXB
Expanded Bass and Reson8 para un gran son, ten unha pila de reserva para
evitar perder a hora e a alarma ante posibles cortes do subministro eléctrico,
conta cunha entrada de liña para o seu uso con reprodutores distintos aos iPod
e tamén inclúe un mando a distancia.
O prezo de venda destes curiosos altofalantes/espertador é de 80
dólares, aÃnda que cómpre destacar que relación de dispositivos compatibles non está o iPhone nin o iPhone 3G, pese a ser trebellos moi semellantes ao iPod Touch.