Amazon Prime Video estrea canles de subscrición
mércores, 4 de novembro do 2020
Nos últimos anos Amazon Prime Video foi potenciándose en
España até converterse na segunda plataforma de streaming por número de
subscritores (só superada por Netflix), ofrecendo cada vez un catálogo máis
amplo de filmes e series de televisión, e incluso abrÃndose á posibilidade ao aluguer
e compra de pelÃculas e documentais non incluÃdos no seu servizo. Nesta
mesma liña vén de estrear canles, unha funcionalidade
coa que tamén conta Apple TV, e que permite a subscrición a plataformas
alleas de xeito que tanto o seu pagamento como a reprodución dos seus contidos
intégrase en Prime Video, facilitando a experiencia de usuario e evitnado asÃ
tamén a necesidade de ter que instalar unha aplicación máis nos nosos
dispositivos.
As canles de Prime Video estaban dispoñibles en EE.UU., Canadá, Xapón, Reino
Unido e Alemaxa, e agora xa están dispoñibles tamén en España, Italia e PaÃses
Baixos, facilitando o acceso a catálogos de contido que poden contratarse de
xeito independente a prezos que van dende os 2,99 até os 9,99 euros/mes.
A principal canle que chega a Prime Video é Starzplay, que por 4,99 euros/mes
ofrece unha ampla selección de pelÃculas e series (The Great, The
White Princess, The Act, Power Book II: Ghost...) e xa estaba
dispoñible en España a través de distintas plataformas. Por 3,99 euros/mes
tamén podemos acceder a MGM, unha canle con numerosas pelÃculas e series de
televisión da Metro-Goldwyn-Mayer (como a franquÃa Stargate); a canle
Noggin by Nick Jr. ofrece por 3,99 euros/mes contidos infantÃs de Nickelodeon
(como Dora, la exploradora); a canle que se atreve a pór un prezo de
9,99 euros/mes é MUBI, que presume de estrear unha pelÃcula aclamada pola
crÃtica cada dÃa (opción atractiva para os que buscan tanto cine clásico como
algunha proposta alternativa de calidade); por 3,99 euros/mes podemos subscribirnos
a TVCortos, canle dedicada en exclusiva á curtametraxes; como proposta bastante
orixinal estarÃa OUTtv, que por 4,99 euros/mes ofrece series, documentais e
filmes LGBTQ+ e producións orixinais; e, finalmente, para os amantes da música
estarÃan as canles Qello Concerts by Stinggray e Mezzo, que por 4,99 e 2,99
euros/mes ofrecen concertos musicais (que no caso de Mezzo limÃtanse a música
clásica, jazz e dance). Estas canles ofrecen 30 dÃas de proba, agás no caso de
Qello Concerts by Stingray, que limita tal perÃodo a 14 dÃas.