Anúnciase oficialmente o Samsung GALAXY Premier

mércores, 31 de outubro do 2012 Marcus Fernández

A páxina web de Samsung en Ucraína presentou oficialmente o novo smartphone da compañía surcoreana, o GALAXY Premier, que sairá no país ex soviético a 5.555 grivnas (525,79 euros) en decembro, e que pretende situarse no chanzo anterior ao Samsung GALAXY S III.
O Samsung GALAXY Premier terá unha pantalla Super AMOLED de 4,65 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, cámaras de 8 e 1,9 Mpíxeles, Wi-Fi N, NFC, Bluetooth 4.0, GPS, 1 Gb de RAM, 8 ou 16 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb, un grosor de 8,99 milímetros, 130 gramos de peso e batería de 2.100 mAh.
Estará dispoñible con conectividade HSPA+ ou LTE segundo o mercado non que se venda, e as principais características nas que non resistiría a comparación co GALAXY S III sería o seu procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz. Polo momento operará con Android 4.1, aínda que non sería de sorprender que cando chegue ao mercado inclúa xa Android 4.2.

PUBLICIDADE