Ao vindeiro smartphone de Geeksphone poderá mudárselle o sistema operativo
mércores, 29 de xaneiro do 2014
O fabricante
español Geeksphone está a dar detalles do que será o seu vindeiro
smartphone, o Geeksphone Revolution, que destacará por facer uso da tecnoloxÃa
MultiOS de Geeksphone, que facilitará que o dispositivo chegue ao mercado con
Android pre-instalado, permitindo cambialo sen problema a Boot2Gecko de Mozilla
(Firefox OS) ou calquera outra versión dos sistemas operativos apoiados pola
comunidade.
O novo smartphone estará baseado nun procesador Intel Atom Z2560 de dobre
núcleo a 1,6 GHz, achegando un bo rendemento en un consumo axustado; a súa
pantalla IPS de 4,7 polgadas terá unha resolución de 960 x 540 pÃxeles; estará dotado
de 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas
microSD de ata 32 Gb, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, cámaras de 8 e 2 MpÃxeles e
baterÃa de 2.000 mAh; as súas medidas serán de 135 x 68,4 e 9,9 milÃmetros, e
nos vindeiros dÃas abrirase o seu proceso de reserva para os que queiran ser os
primeiros en facerse cun deste terminais destinados claramente a
desenvolvedores de aplicacións móbiles.