Apple actualiza as prestacións dos MacBook Pro
luns, 24 de outubro do 2011
Sen mediar anuncio oficial de ningún tipo, a tenda
en liña de Apple actualiza as fichas dos MacBook Pro, que non mudan de
aparencia, senón que limÃtanse a mellorar as súas prestacións sen mudar de
prezo, de xeito que o modelo básico de 13 polgadas pasa de 320 Gb a 500 Gb de
disco duro, contando cun procesador Intel Core i5 a 2,4 GHz, mentres que no
avanzado o seu procesador é un Intel Core i7 a 2,8 Ghz. O modelo de 15 polgadas
conta con procesadores Intel Core i7 a 2,2/2,4 GHz (con opción de chegar ata os
2,5 GHz) e gráfica AMD Radeon HD 6750M/6770M; e, finalmente, o modelo de 17
polgadas inclúe un procesador Intel Core i7 a 2,4 GHz e gráfica AMD Radeon
6770M.
A mellora de procesadores e de gráficas é unha nova excelente para que tivera
pensado mercar un portátil novo, ao non terse modificado o prezo dos equipos.
- Novas configuracións base dos distintos modelos de MacBook Pro