Apple estrea un iPhone 5C con 8 Gb de capacidade
martes, 18 de marzo do 2014
Non é
ningún segredo que o iPhone 5C está a ser considerado un fracaso por parte de
Apple, circulando informacións que apuntan a que cesou a súa produción para
poder dar saÃda ao stock acumulado
ante a súa baixa demanda, pois este móbil de cores rechamantes que agardábase
como un low cost finalmente é un
terminal extraordinariamente caro, especialmente nun momento no que os móbiles
da competencia con prestacións superiores poden atoparse incluso pola metade de
prezo, o que levou a Apple a dar un paso bastante rechamante: pór á venda un
modelo de menor capacidade para reducir a barreira de entrada aos seus móbiles actuais.
O iPhone 5C de 8 Gb ten un prezo de 549 euros (polo momento en tendas en liña como a
de Alemaña, pois no momento de escribir estas liñas aÃnda non figuraba na
tenda española), mentres que os modelos de 16 e 32 Gb véndense a 599 e 699
euros respectivamente, que convive co aÃnda en catálogo iPhone 4S (que aÃnda
conserva o conector dock e unha pantalla de 3,5 polgadas), que en capacidade de
8 Gb ten un prezo de 399 euros.
- O iPad 4 substitúe ao iPad 2 na tenda en liña de Apple
Pero este non é o único cambio no catálogo de Apple, senón que tamén vén de eliminar da súa tenda o vello iPad 2, substituÃndoo polo iPad con pantalla Retina (tamén coñecido como iPad 4) mantendo o seu prezo (379 euros no modelo con Wi-Fi e 499 euros no modelo con 4G). Unha grande nova para os que queren introducirse no iPad a un prezo asumible e non queren unha pantalla de pequeno tamaño como a do iPad mini.