Apple estrea unha funda oficial que incrementa a autonomía dos iPhone 6 e 6s
mércores, 9 de decembro do 2015
En vista da deficiente autonomía da que adoecen habitualmente
os iPhone, hai tempo que se veñen comercializando fundas que
incorporan unha batería externa para poder estar afastados dun enchufe
durante unha xornada completa ou durante as viaxes, e finalmente é a propia
Apple a que comercializa un accesorio oficial con tal finalidade, a nova funda
Smart Battery Case para o iPhone 6s, que está dispoñible en cor gris carbón
e branco, e que permite incrementar a autonomía tanto do iPhone 6 coma do
iPhone 6s, aínda que por un prezo que pode espantar a moitos, xa que custa 119
euros (cando podemos
atopar accesorios semellantes de maior capacidade pro 73 euros).
A funda con batería de Apple conta cun suave forro de microfibra para axudar a
protexer o iPhone e o seu deseño de elastómero fai doado a colocación e extracción
do iPhone na funda, que é compatible coas accesorios con Lightning e coa base
Dock Lightning, e promete incrementar a autonomía do teléfono para que poida falarse
até 25 horas, navegar até 18 horas con LTE ou reproducir vídeo até 20 horas.
Ao parecer, a batería integrada na funda tería unha capacidade de 1.877 mAh,
mentres que outras de fabricantes como Mophie serían de 2.750, 3.300 e 3.950
mAh, facendo que o novo produto oficial (que tampouco destaca pola súa coidada
estética) poida resultar suficientemente atractivo.
- A funda promete ser doada de pór e quitar