Apple lanza un rato multi-táctil
mércores, 21 de outubro do 2009
Esta semana Apple renovou moitos
dos seus equipos informáticos, pero entre as súas novidades, unha das máis
destacadas é que presentaron o sucesor do Mighty Mouse, o Magic Mouse, que é
un rato informático multi-táctil, de xeito que a súa superficie non serve só
para emular o botón dun rato estándar, senón que conta coas funcionalidades do
trackpad dun portátil de Apple, ou sexa, que permite mediante xestos realizados
cos dedos controlar o desprazamento en páxinas web e documentos, facer clic,
ampliar unha imaxe… toda unha revolución que está xa á venda por 69 euros.
O Magic Mouse comunÃcase co ordenador a través de Bluetooth e detecta os seus
movementos mediante un sensor láser, que permite unha maior precisión que
moitos ratos ópticos, asà coma operar sobre multitude de superficies.
Aliméntase con dúas pilas AA que achegan unha autonomÃa de ata 4 meses.
Pero non todo é positivo neste periférico para ordenadores Mac, pois o
seu deseño parece demasiado plano, o que o fai menos ergonómico do
que era de agardar nun produto tan revolucionario, o que sumado ao seu prezo
fai que non sexa un trebello para todos os públicos.
O uso de xestos amplÃas as posibilidades do Magic Mouse