Apple presenta os seus novos ordenadores con procesadores propios
martes, 10 de novembro do 2020
No mes de xuño Apple anunciou oficialmente que estaba
a prepararse para dicir adeus aos procesadores de Intel, pasando a empregar
procesadores de desenvolvemento propio baseados na arquitectura ARM, no que
daban en chamar Apple silicon e que nos últimos meses estaba presente
nun Mac mini equipados cun procesador A12Z Bionic (ou sexa, que serÃa como ter
un Mac cun procesador de iPad Pro) para facilitar que os desenvolvedores
tivesen equipos cos que probar o seu software até hoxe, cando finalmente
presentaron o M1, potente solución de sistema nun chip (SoC) fabricando cun
proceso de 5 nm que presume de grande potencia, pequeno tamaño e un consumo moi
eficiente.
Dende Apple aseguran que o M1 conseguirÃa un desempeño de CPU 3,5 veces
superior e de GPU até 6 veces maior, multiplicando por 15 a velocidade dos
procedementos de machine learning á vez que dobrarÃa a autonomÃa con respecto
á anterior xeración de equipos, polo que poderÃa ser o meirande salto dado
nunca por unha nova xeración de Mac.
Estes novos procesadores irán integrándose nos equipos de Apple durante os
vindeiros 2 anos, até chegar a todas as gamas, comezando a transición polo MacBook
Air, o MacBook Pro de 13 polgadas e o Mac mini, que chegarán ás tendas o
vindeiro dÃa 17, deixando claro que Apple quere avanzar con paso firme nesta
transformación na que os futuros Mac dependerán case na súa totalidade de
tecnoloxÃa de Apple, distanciándose do enfoque anterior, no que os Mac eran
basicamente equipos PC cun sistema operativo diferente de Windows.
MacBook Air
O MacBook Air con pantalla de 13
polgadas é probablemente o mellor exemplo de aplicación dos procesadores M1, xa
que mantendo ao aspecto exterior das anteriores xeracións, conséguese un
rendemento moi superior a nivel de capacidade de procesamento e incluso
dobrarÃa a velocidade das unidade SSD, presumindo de ser máis rápido que o 98%
dos portátiles PC vendidos no último ano e podendo achegar até 15 horas de
navegación web ou 18 horas de reprodución de vÃdeo, de xeito que serÃa o
MacBook Air coa meirande autonomÃa da historia.
Este equipo chega
ao mercado cunha configuración base con 8 GB de RAM e 256 GB de SSD a un prezo
de 1.129 euros, mentres que a versión con 512 GB de SSD subirÃa o seu prezo
até o 1.399 euros. É posible configurado con até 16 GB de RAM e 2 TB de SSD, o
que subirÃa o seu prezo até os 2.279 euros.
MacBook Pro
A renovación dos
MacBook Air era previsible, pero que o chip M1 xa estivese á altura dun MacBook Pro pillou a moitos
por sorpresa, aÃnda que dende Apple foron prudentes e limitaron por agora a
renovación ao modelo con pantalla de 13 polgadas, que tamén dá un importante
salto de potencia e leva a súa autonomÃa até as 17 horas de navegación web e 20
horas de reprodución de vÃdeo, de xeito que conseguirÃa practicamente o dobre
de autonomÃa que a anterior xeración de equipos da compañÃa da mazá.
O MacBook Pro base ten 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento interno, vendéndose
a 1.449 euros, podendo ampliarse até os 16 GB de RAM e os 2 TB de SSD
quedando o seu prezo en 2.599 euros. Cómpre salientar que neste caso a cantidade
de memoria RAM máxima estarÃa bastante limitada, polo que podemos entender que
os usuarios máis esixentes deberán agardar á renovación do modelo con pantalla
de 16 polgadas, que actualmente está equipado con procesadores Intel Core i7/i9
e até 64 GB de RAM.
Mac mini
Como opción para o
escritorio resulta agradable ver a renovación do Mac mini, equipo moi maltratado
nos últimos anos, que agora triplica a potencia da súa CPU e que segundo Apple
conseguirÃa ir até 5 veces máis rápido que un ordenador de escritorio con
Windows no seu rango de prezo.
O MacMini base ten 8
GB de RAM e 256 GB de almacenamento interno por un prezo de 799 euros,
podendo equiparse con até 16 GB de RAM e 2 TB de SSD, o que eleva o seu prezo
até os 1.949 euros. Este equipo vén con bastantes portos de alta velocidade (os
seus 2 portos Thunderbolt soportan transferencias de datos de até 40 Gb/s) e
pode conectarse a un monitor externo até 6K (soportando incluso un segundo monitor
4K), polo que serÃa máis que válido para editar vÃdeo, producir música ou incluso
desenvolver aplicacións con Xcode, distanciándose bastante da idea preconcibida
de que poderÃa ser un equipo básico para simples tarefas ofimáticas.
O software
Pero non podemos esquecer
que o desempeño impresionante que promete Apple baséase no feito de que os
novos Mac corran aplicacións adaptadas ao chip M1, que é unha das bases nas que
se sustenta macOS Big Sur, sistema operativo que tira proveito do M1, o que
supón que tanto corre as aplicacións adaptadas como permite o uso da tecnoloxÃa
Rosetta 2 para poder executar sen problemas as aplicacións de Mac que non fose compiladas
de xeito recente para considerarse universais.
ConfÃanse en que nas vindeiras semanas as principais aplicacións para macOS reciban
actualizacións para poder tirar proveito das posibilidades dos novos equipos de
Apple, que será cando por fin poderá comprobarse se as melloras de rendemento
prometidas pola compañÃa de Cupertino están á altura das expectativas.
VÃdeo coa presentación do SoC M1 e dos novos equipos de Apple